O Concello celebra este sábado o Día da Mocidade Inqueda

O Concello de Lugo ten preparadas, para este sábado, 30 de setembro, distintas actividades para celebrar o Día da Mocidade Inqueda. Será, tal e como anunciou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, dende as 10:30 horas na Casa da Xuventude.

A edil explicou que en xornada de mañá, terá lugar un obradoiro audiovisual, no que se realizará unha curtometraxe con temática saudable, e un programa de radio, que leva por nome Deporte en Liña. Xa de tarde, é a quenda dunha sesión teatral, que versará sobre a problemática do ciberacoso, e por último, un encontro con Arce, o rapeiro compostelano.

Carmen Basadre convidou á veciñanza máis nova a participar nestas actividades lúdico pedagóxicas e a pasar un día con outros mozos e mozas da súa idade.

O cemiterio de Lugo, un referente

E tamén este sábado é cando remata o prazo para participar nas votacións populares do concurso para elixir o cemiterio de mellor actividade de portas abertas, que lidera Lugo. A cidadanía pode apoiar a proposta do Concello neste certame, convocado pola revista Adiós Cultural, en www.revistaadios.es ou ben a través de www.lugo.gal.

O camposanto lugués opta a gañar este certame, o que contribuiría a aumentar o atractivo turístico do municipio. Ademais, tan só a participació no concurso supón unha oportunidade para visibilizar o patrimonio lugués e para dar un paso máis no impulso do cemiterio, non só como obxecto do turismo patrimonial, senón tamén emocional.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com