A Deputación promociona os produtos da provincia na Festa da Faba de Lourenzá

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde e a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, participaron este sábado na XXVII edición da Festa da Faba de Lourenzá, un produto de primeira categoría, que conta coa Indicación Xeográfica Protexida (IXP). O Goberno da Deputación colabora con esta cita con preto de 5.000 euros, co obxectivo de dar a coñecer a faba de Lourenzá, no marco do Plan Estratéxico de Turismo da provincia, que define a promoción dos produtos autóctonos dos Concellos lugueses como un factor de singularidade turística, capaz de atraer visitantes e xerar riqueza na provincia.

Os visitantes que se acheguen a dito municipio mariñán, durante a fin de se semana, poderán gozar de degustacións de receitas con fabas nos establecementos da localidade, música, carreira popular, xogos infantís, tren turístico, unha xuntanza folclórica ou catas de viños; así como coñecer o Centro de Interpretación da Faba, que xestiona o Concello e que conta con todo o relacionado con esta legume.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com