O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, asistiu este domingo ao VI Volante Deputación, que se celebrou durante a fin de semana no circuíto da Pastoriza, e que reuniu a 185 pilotos afeccionados lucenses. Despois de recibir formación en técnicas de condución, os participantes pasaron un proceso de selección cronometrado, do que resultaron tres finalistas. O primeiro clasificado, Rubén Sánchez Agruña, terá a oportunidade de participar no Rally San Froilán totalmente de balde dentro da estrutura do equipo de competición de PTC Escola aos mandos dun Suzuki Swift Sport. Ademais, homenaxeouse a Antonio Pérez Montecelo, director de carreira da Escudaría Miño e presidente do Club de Tríatlon Cidade de Lugo, que faleceu o pasado mes de xaneiro.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.