A Alcaldesa anuncia un investimento de 27.000 euros na Escola Municipal de Música

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto ao Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, mantiveron hoxe un encontro co alumnado e o equipo docente da Escola Municipal de Música con motivo do inicio do curso académico 2017/2018 e que aproveitou para anunciar novos investimentos por valor de máis de 27.000 euros co fin de “seguir potenciando este proxecto de formación, que medra ano tras ano, e cada vez ten un maior retorno social”, subliñou Méndez.

De feito, a Escola conta este ano con 900 alumnos, 200 máis que o curso pasado, o que demostra o atractivo do centro e o “esforzo que fixemos dende o Concello para aumentar a súa capacidade”, asegurou a rexedora. Os novos investimentos avanzados pola Alcaldesa, que son posibles grazas ás modificacións de crédito aprobadas polo Goberno, servirán para levar a cabo melloras nas instalacións e para dotar de máis material á Escola. Deste xeito, entre outras actuacións, comprarase un bombo e un tambor de madeira, dúas fundas e baquetas, unha gaita de Seivane e outra de Miguel Mosquera, libros, un desfibrilador semiautomático para o centro, placas identificativas para as distintas aulas, ademais de diversas obras como a pintura do vestíbulo e os corredores, a dotación dun illamento especial e a reparación dos paneis acústicos das aulas.

A rexedora e o Concelleiro de Educación anunciaron tamén que na proposta de modificación de ordenanzas municipais para o vindeiro ano, inclúese a gratuidade da matrícula dunha materia para aqueles alumnos e alumnas que estean inscritos noutras dúas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com