A Asociación Provincial de Instaladores Electricistas e de Telecomunicacións da Provincia de Lugo (APIEL), que preside José Eduardo Fernández Vila, reuníu hoxe en Lugo, na sede da CEL, aos seus instaladores pertencentes á rede de axentes de Fenie Energía, nunha cita de carácter anual ou xornada de reciclaxe profesional que busca manter aos instaladores lucenses puntualmente informados de novidades no sector.
O encontro, que contou coas aportacións do técnico de formacón da Fenie Energía, Miguel Bringas, e reuníu unha vintena de axentes, busca coidar o reciclaxe profesional continuo dos seus instaladores, con información concreta de cambios no mercado da enerxía eléctrica ou produtos novidosos que faciliten unha mellor atención aos seus clientes.
Entre as liñas de asesoramento que traballan os axentes, se atopa a de ofertar solucións que faciliten o aforro enerxético no fogar, negocio ou industria. Esta volta, de novo, prestouse especial atención á mobilidade eléctrica, de forma que os instaladores lucenses poidan asesorar puntualmente aos seus clientes sobre vehículos eléctricos ou instalación de puntos de recarga.