O Grupo Municipal do Partido Popular solicita a convocatoria dunha xunta extraordinaria de voceiros no Concello de Lugo para este venres para asinar unha declaración institucional que apoie e respalde ás forzas e corpos de seguridade do estado como garantes do Estado de Dereito.
Antonio Ameijide explicou que se trata de amosar o apoio á Policía Nacional e á Garda Civil na labor de defensa dos dereitos e liberdades dos cidadáns e da legalidade constitucional. O voceiro popular asegurou que “dende o Partido Popular temos moi claro o noso apoio aos corpos e forzas de seguridade do Estado, sobre todo, cando están a defender os dereitos e liberdades de todos os españois”.
Coñecer o auditorio
Doutra banda, os populares lucenses pedirán á conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, que organice xornadas de portas abertas no novo auditorio da cidade para que “os lucenses poidan coñecer as instalacións desta nova dotación para a cidade”. O popular destacou que “é unha gran nova para Lugo” que onte se asinara o convenio para equipar o auditorio, un paso definitivo para que os lucenses poidan comezar a gozar desta dotación canto antes, en función dos tempos dos trámites que hai que cumprir.
Ademais, Ameijide recordou que os lucenses poderán ter esta nova infraestrutura “grazas ao apoio” da Xunta de Galicia, xa que foi a administración que sufragou íntegramente a construcción do auditorio e tamén correu cos gastos de equipamento do mesmo, malia que era “un compromiso do Concello de Lugo”.