O Concello licita por 1 millón de euros as obras para instalar a rede de biomasa en Frigsa

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, aprobou hoxe sacar a licitación as obras de instalación dunha rede de biomasa nas instalacións de Frigsa e declarar a urxencia do proceso, o que acurta os prazos administrativos. Piñeiro toma esta decisión tan só dous días despois de ter a delegación das competencias para a resolución de todos os actos de trámite e resolutivos necesarios para a contratación destas actuacións, supeditadas a unha
subvención do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) por valor de 700.000 euros. O prazo de presentación de proposicións será de 13 días naturais, contados dende a publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

O orzamento co que sae a concurso a obra ascende a 1 millóns de euros, o 70% achego polo INEGA e o 30% restante polo Concello. O prazo de execución é de 30 días naturais, a partir do día seguinte ao de sinatura da acta de comprobación do replanteo. O proxecto consiste na implantación dun sistema non contaminante para a rede de calor da calefacción das instalación de Frigsa co fin de mellorar a eficiencia enerxética.

Coa delegación de competencias no Concelleiro de Desenvolvemento Sostible para a contratación da obra e a declaración de urxencia do proceso, o Goberno axiliza o máximo posible os trámites para poder cumprir cos prazos marcados polo INEGA para executar e xustificar a subvención, que, segundo lle comunicou á entidade local, ampliará ata finais de novembro.

Daniel Piñeiro lembrou que, aínda que a liña de subvencións do INEGA foi convocada para o ano 2016, “non recibimos o certificado da concesión da axuda ata o pasado mes de febreiro, un atraso alleo ao Goberno, que complicou aínda máis que a oposición municipal non fora capaz de acordar a aprobación dos Orzamentos do 2017 e logo Ciudadanos recorrera a aprobación das modificacións de crédito nas que estaba recollida a contía económica que lle corresponde achegar ao Concello –de 300.000€- para poder acometer esta obra. Deste xeito, non tivemos crédito para esta actuación ata este mes de setembro”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com