Concentración de apoio aos encausados na Folga 29-S

Cinco veciños e veciñas de Lugo comparecerán este luns día 9 ás doce do mediodía nos Xulgados de Lugo, acusados dun delito de faltas e de atentado á autoridade, por uns  feitos, segundo a acusación, que se  produciron  no transcurso da Folga Xeral do 29 de Setembro de 2010, onde “tres veciños e unha veciña de Lugo foron golpeados (con porras, tirados/as ao chan,…) pola policía española mentres formaban parte dun piquete informativo (informativo, legal e pacífico) no centro da cidade de Lugo, e así o denunciaron nese momento os agredidos”.

Posteriormente “outra veciña foi identificada pola policía española cando estaba a entrar na súa casa, sen resultar detida”.

Para apoiar aos encausados a Plataforma de apoio convoca a toda a cidadanía a“concentración de apoio a estes 5 veciños e contra a represión sindical e a brutalidade policial este luns día 9 ás 12 horas diante dos Xulgados de Lugo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com