Lugo viviu hoxe unha das xornadas con máis apego á tradición, cultura e identidade, coa celebración do Domingo das Mozas. As boas temperaturas e o carácter festivo da xornada fixeron que a xente saíra á rúa para homenaxear ao traxe galego e a Rosalía
de Castro.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu a recepción á Asociación do Traxe Galego, que ofreceu na Praza Maior un desfile de ao redor dunha trintena de traxes, tanto de garda como de cotío. Tras o desfile, a rexedora e outros membros da Coporación, ataviados con vestimenta tradicional, desprazáronse, acompañados de veciños e veciñas, ao Parque de Rosalía de Castro, onde tivo lugar a ofrenda a esta escritora, a cargo da soprano luguesa Noemí Mazoy, unha namorada da súa cidade, que participou en
numerosas facetas artísticas, con gran éxito, como actriz e cantante soprano.
Tras a ofrenda, a soprano interpretou a canción Negra Sombra, pertencente a un poema de Rosalía. Estivo acompañada polo acordeonista Valery Zviarzhevich e a chelista Cristina Nogueira. A continuación, a Banda Municipal de Música interpretou o
himno galego.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.