A Deputación continúa investindo na mellora de estradas

O Vicepresidente da Deputación e Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez Núñez, supervisou esta mañá os traballos de mellora na estrada provincial LU-P-3701, das Nogais por Pintinidoira á LU-P-4504, que une ao Concello de As Nogais con Pedrafita do Cebreiro.

As obras, que contan cun investimento do Executivo Provincial de 72.000 euros, realizáronse nun treito de 4,7 quilómetros, dende o punto quilométrico 1,100 ao 5,800. Os traballos, xa rematados, consistiron na mellora do firme con tres regos de emulsión; na limpeza de cunetas; mellora do bacheado; reforzo da sinalización e repintado; incremento da seguridade coa instalación de biondas e mellora do sistema de drenaxe. A seguinte actuación do Goberno da Deputación nesta estrada provincial será a mellora do firme.

Doutra banda, o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, estivo hoxe supervisando as obras de mellora que o Executivo Provincial está a realizar na LU-P-4802, de Xinzo por Navalla a Ponte Soutelo, na Pontenova, e que contan cunha achega de 350.000 euros. Son traballos que rematarán, previsiblemente, esta mesma semana e beneficiarán directamente a preto de 3.000 veciños, pois dita estrada é unha vía de comunicación fundamental para a zona ao conectar A Pontenova coas parroquias de Bogo, Vilaboa e Vilarmide, así como cos municipios da Fonsagrada e Ribeira de Piquín.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com