A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Persoal do Concello de Lugo, que dirixe Daniel Piñeiro, informa de que o vindeiro martes de 12:00 a 14:00 horas aproximadamente se realizará unha xornada divulgativa e demostrativa de voluntariado para a eliminación de plantas alóctonas invasoras. O Concello colabora deste xeito cun proxecto galego, impulsado polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).
Esta actividade, que contará coa participación de alumnos e alumnas do CEIP Rosalía de Castro, terá lugar na parcela de titularidade municipal próxima aos campos de fútbol do barrio de Montirón, onde se realizará unha actuación de eliminación de Conyza canadensis. Preténdese acadar a participación e o compromiso da cidadanía na conservación do medio ambiente e a promoción da sustentabilidade ambiental.