Lugonovo celebrou un ano máis a súa xa tradicional pulpada co gallo de San Froilán, un evento de confraternización entre a organización e as persoas simpatizantes e achegadas á mesma. A cea tivo lugar na noite do venres 13 na caseta do restaurante Torre de Núñez, e contou coa asistencia de dous convidados de excepción: o portavoz de En Marea, Luís Villares e a deputada autonómica pola provincia de Lugo, Paula Vazquez Verao.
Nun ambiente distendido e de bo humor, o portavoz intercambiou impresións coa militancia de Lugonovo sobre a situación galega e local, ademais de salientar a ledicia de ser tan ben recibido na súa cidade natal.