Centos de persoas na concentración contra os lumes

Baixo o lema “Lume nunca máis” convocáronse ao longo do país manifestacións para protestar contra a vaga de lumes que está a sufrir o país nestes últimos días. En Lugo centos manifestantes concentráronse diante do edificio administrativo da Xunta na Rolda da Muralla que ocupou a explanada e boa parte da rolda  entre a rúa Monforte e o edificio dos Sindicatos. Os concentrados corearon diferentes reivindicacións das que sobresaía “LUME NUNCA MÁIS”. Os partidos da oposición no Parlamento de Galicia solicitaron a comparecencia do Presidente Núñez Feijóo para que de conta do sucedido.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com