O Grupo Municipal Popular cualificou de oscurantismo do equipo de goberno local que o Concello lles negase o acceso ao calendario anual que elaborou o servizo de contratación e no que se especifica a data de finalización dos contratos ou das súas posibles prórrogas. Os populares solicitaron, con data de 18 de setembro de 2017, unha copia do devandito calendario, recibindo o 28 de setembro a instancia da Concelleira Delegada da Área de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económica resposta negativa da solicitude.
O voceiro popular acusa aos socialistas de incumprir os principios de Bo Goberno establecidos na Lei 19/2013 de 19 de decembro, de transparencia, acceso de información pública e bo goberno lamentando “a opacidade da que fan gala de forma reiterada no tocante á externalización dos servizos”.
Antonio Ameijide preguntase cales son os motivos polos que os socialistas negan o acceso a este calendario e lembrou outras actuacións “cuestionables polo seu oscurantismo como son o feito de apartar aos Grupos Municipais das mesas de contratacións e das xuntas de compras así como os reiterados incumprimentos plenarios sobre esta materia” en
relación á situación irregular dos servizos que se están prestando por empresas sen contrato. “Ao explusarnos das mesas coartan o acceso á información” matizou.
Os populares aclaran que “en todo este proceso os Grupos da oposición xogan un papel importante debido o labor de control e fiscalización que exercen sobre o equipo de goberno co fin precisamente de preservar a devandita transparencia”.