ACE-EU esixe a convocatoria da Mesa de Transporte

Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida esixiu esta mañá a convocatoria inmediata da Mesa de Transporte pendente para a mellora do deseño das liñas de bus urbano e a avaliación da prestación deste servizo, despois de que esgotase o prazo de 15 días comprometido pola alcaldesa Lara Méndez o pasado Pleno de setembro. “Na Comisión de Reclamacións celebrada esta mañá, as queixas polo funcionamento deficitario do transporte público e a petición de novas liñas volveron a ser protagonistas, con reclamacións reiteradas polo incumprimento de horarios, por que non se teñan en conta as horas de entrada e saída aos institutos e colexios para a programación das frecuencias, o mal estado dos paneis informativos e a ausencia de datos actualizados nos mesmos ou que moitas zonas da cidade están moi esquecidas nos itinerarios, como a zona de Ombreiro e moitas parroquias”, detallou Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU.

“Non podemos agardar máis a seguir acumulando o descontento da cidadanía e a que continúe a perda constante de usuarios”. Este grupo municipal amosouse en todo momento contrario a que fose a empresa adxudicataria a que realizase o redeseño das liñas de autobús, pois os criterios de rentabilidade e o afán de lucro non son acordes á correcta prestación dun servizo público. “Non hai dúbida de que os itinerarios actuais están desfasados e son surrealistas, e de que os autobuses están baleiros porque non responden ás necesidades dos usuarios; pero o goberno local cometeu un grave error ao ceder a responsabilidade municipal de cambialos nunha empresa privada e ao non contar cos grupos municipais para elaborarconxuntamente ese redeseño, único xeito de asegurar que responda ao interese público”, afirma Portomeñe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com