O grupo municipal de Ciudadáns urxiu esta mañá á alcaldesa a presentar sen máis demora un proxecto de Orzamentos municipais para 2018. A voceira de Cidadáns no Concello, Olga Louzao, afirmou que “a falta de presupostos impide que se fagan investimentos” e preguntou “a que espera este Goberno para presentar os Orzamentos muncipais do 2018”. “Non queremos que a cidade de Lugo quede un ano máis sen inversións para meter os cartos no banco e presumir despois de débeda cero e superávit”, criticou.
A voceira de Cidadáns cualificou de “inoperante e vago” ao Goberno de Lara Méndez e dixo que “Lugo necesita urxentemente un Goberno que goberne“. “Cidadáns quere que Lugo teña un Goberno á altura do que se merece a nosa cidade, un Goberno responsable e preparado para asumir os retos que demanda a sociedade lucense e que sexa capaz de sacar adiante asuntos de gran importancia para o noso municipio. A resposta deste Goberno socialista aos problemas da cidade son actuacións sen fundamento e que amosan un elevado grado de descoñecimento dos temas municipais”, opinou Olga Louzao.
Finalmente, Olga Louzao afirmou que “agora que está de moda falar do artigo 155, é unha mágoa que non exista un mecanismo similar para aplicarllo a Gobernos de Concellos coma o de Lugo, que non sabe exercer a autonomía municipal e que ten sumida no caos absoluto e na parálise á nosa cidade”.