Lara Méndez, citada por de Lara por un retraso nunha sentenza en materia de persoal

O xulgado de Instrucción número 1 de Lugo anunciou hoxe a decisión da súa titular, Pilar de Lara, de citar a declarar como investigada á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, por unha denuncia presentada pola Central Sindical Independiente e de Funcionarios (CSIF) por un presunto retraso na execución dunha sentenza en materia de persoal.

Xunto a Lara Méndez tamén foron citados por de Lara para declarar, o exalcalde José López Orozco e a propia funcionaria implicada, Ana Sáez Mancebo. A denuncia vén dada polo suposto restraso no cese como letrada asesora da funcionaria, ordenado por unha sentenza do Tribunal Superior de Xustixa para antes de maio de 2016 e que o goberno local non o fixo ata xullo dese mesmo ano. A rexedora prestará declaración o vindeiro 21 de marzo de 2018.

Dende o Concello de Lugo, anunciaron hai escasos minutos a través dun comunicado, que o goberno local sempre actúa conforme a legalidade e “brinda a máxima colaboración coa Xustiza”; asemade, consideran a “dificultade para a cobertura dun posto que leva aparellado a respresentación e defensa” do Concello como algo a ter en conta á hora de executar esta sentenza máis tarde, no que eles mesmos consideran “un tempo máis que razoable”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com