O percorrido en bicicleta, que comezou ao redor das 12:00 horas na Praza Maior, discorreu pola rúa Bispo Aguirre, rúa Vilalba, Rodríguez Mourelos, Doutor Portela -ida e volta-, Avenida de Ramón Ferreiro -ida e volta á altura da rúa Pintor Corredoira-, Anxo López Pérez, volta completa á Ronda da Muralla, con reagrupamento da marcha na rúa Vilalba, rúa Anxo López Pérez, Ronda da Muralla, entrada no casco histórico pola rúa Montevideo, rúa Quiroga Ballesteros, rúa Santo Domingo, rúa da Raíña e chegada á Praza Maior
Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, asistiron ao vento, no que tomaron parte máis de 2.000 ciclistas, realizando un percorrido íntegro polo centro da cidade de 6,5 quilómetros. O Concello de Lugo colaborou un ano máis con esta iniciativa, organizada polo xornal La Voz de Galicia, que busca concienciar da importancia do uso de medios de transporte respectuosos co medio ambiente, a fin de garantir unha mobilidade sostible.