A Xunta publica as normas dos sorteos e veda de permisos de pesca en coutos

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se establecen as normas dos sorteos e da veda de permisos de pesca en coutos para a tempada do ano 2018. O período para a presentación de solicitudes comeza mañá e o límite de entrega rematará o vindeiro 20 de novembro, ás 14:00 horas. Como é habitual, celebraranse dous sorteos por provincia: un para os permisos de salmón e outro para os restantes tipos de permisos de pesca.

Como na tempada pasada, o sistema permite a renovación on line das licencias de pesca autonómicas autorizadas. Dende a páxina web da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, no enlace de renovación de licencias, os usuarios poderán realizar este trámite sen necesidade de achegarse a unha das oficinas da administración. Durante a tempada pasada de pesca repartíronse un total de 12.397 permisos a pescadores mediante estes sorteos, entre eles 2.989 permisos en coutos de salmón.

As solicitudes deberanse presentarse preferentemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com