Lara Méndez, sorprendida polo procedemento elixido pola xuíza Pilar de Lara

Anunciabámolo o pasado venres, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, foi citada a declarar como investigada, pola xuíza Pilar de Lara, tras non acatar dentro de prazo a orde  do TSXG de cesamento á funcionaria Ana Sáez Mancebo, no seu posto como letrada asesora do goberno local.

A rexedora amosaba hoxe a súa sorpresa polo tipo de procedemento legal elixido pola xuíza, que optou por un proceso penal en lugar de un contencioso administrativo “que sería o que cabería esperar dun conflicto laboral”. A alcaldesa de Lugo reiterou que o seu goberno acatou a orde do Tribunal “nun prazo razoable” tendo en conta, dixo, as dificultades da administración.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com