O PP denuncia que o goberno local “dinamite” a Fábrica da Luz

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, acusou directamente a
Lara Méndez e a Daniel Piñeiro de “dinamitar” o proxecto da Fábrica da Luz e así convertelo no “novo Garañón de Lugo”, que lle pode custar a todos os lucenses máis de nove millóns de euros en indemnizacións. Unha cifra “moi importante” para o Concello de Lugo, que haberá que engadir ás indemnizacións polo caso Garañón, o que “hipotecará as actuacións dos vindeiros gobernos de Lugo”.

Antonio Ameijide fixo esta valoración despois de coñecer que Inca, a empresa concesionaria da explotación da Fábrica da Luz, pedíu por escrito a resolución do contrato e unha indeminización xa que segundo argumentan dende a empresa “máis dun ano e medio despois de iniciar as obras, a empresa non puido finalizalas, polo que por causas alleas á empresa non puido comezar a fase de explotación nos termos e condicións establecidos na concesión”.

Ante a “mala actuación e pasotismo do Concello” a empresa solicitou a resolución do contrato, na que piden unha indemnización na que se inclúan os danos e perxuízos producidos de xeito emerxente e o lucro cesante, así como o pagos dos intereses de demora e a devolución da garantía.

Neste senso, o voceiro popular non dubida á hora de cualificar este caso como o “novo Garañón” xa que podemos estar ante unha indemnización superior aos 9 millóns de euros, xa que o lucro cesante a indemnizar serían os 240.000 euros anuais de beneficio que estimaba a empresa na documentación do expediente, durante os 38 anos da concesión. A isto engaderíanse os danos e perxuízos, a inversión realizada e a garantía da obra.

Para Ameijide o proxecto da Fábrica da Luz nunca tivo “interese” para o goberno socialista de Lugo, algo para o que “chega con ver a súa actuación” durante os últimos, nos que “nin atenderon as peticións de da empresa para poder actuar na zona e fixeron oidos xordos aos requerimentos da Hidrográfica”. O popular lamenta que “non importa de que tema falemos, a actuación dos socialistas é a mesma: inacción total”.

Ameijide fai esta valoración despois de coñecer que no prazo de execución das obras “Confederación Hidrográfica Miño-Sil remitíu varios requerimentos ao Concello que non foron atendidos, incluso un deles remitiuse á atención de Lara Méndez, que debería explicar por que non o atendeu”. Incluso, incidíu Ameijide, ten que explicar “por que me negou en persoa ter recibido requerimento algún do presidente da Hidrográfica para emitir a petición de prórroga”.

Pero o voceiro popular tamén explicou que “o concelleiro de infraestruturas non actuou como debería, dilatando ata o exceso a sinatura de documentos de vital importancia para o avance dos traballos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com