O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asistiu esta mañá á tradicional poxa que a Asociación de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Gallega (Acruga) organizou no recinto feiral de Adai, no concello lucense de O Corgo, unha das principais citas profesionais deste sector.
Alí salientou o traballo que está a desenvolver Acruga para fomentar esta raza que, ademais dun singular valor agropecuario constitúe unha ferramenta fundamental da cultura agrograndeira galega. En particular, significou os grandes avances conseguidos en materia de mellora xenética e ratificou o compromiso do Goberno galego en apoio destas iniciativas.