O Grupo Provincial do Partido Popular presentou unha moción para ao Pleno da Deputación para que se manteña en funcionamento os catamaráns ata finais de ano e como “mínimo durante as fins de semana, as pontes e os días festivos”.
Os populares rexistraron esta moción tras coñecer que “o organismo lucense tomou a decisión de pechar por anticipado, ata con dous meses de antelación, o servizo de catamaráns que cubre as rutas fluviais do Sil e do Miño”.
Os populares consideran que se está ante unha decisión moi “pouco acertada e que tanto pode danar ao turismo da Ribeira Sacra” e máis, segundo engaden, tendo en conta os bos datos rexistrados na zona, ata o punto de que o propio equipo de Goberno da Deputación xa ten ofrecido cifras de reservas confirmadas ata finais de ano. Ademais, dende o Grupo Popular tamén indican que as previsións recollen para os vindeiros meses uns índices de ocupación máis elevados respecto ao mesmo período do ano 2016.
Compromiso do PP coa Ribeira Sacra
Os populares lembran que xa en reiteradas ocasións dende o Grupo do PP “se trasladaron denuncias de usuarios, veciños e entidades locais e administrativas, que pedían una mellora do funcionamento destes servizos de catamaráns”. Así, “a través dos medios dos que dispoñemos realizamos as xestións para acadar una mellor oferta e agora e lonxe de cumprir todos os compromisos adquiridos, adoptan unha decisión moi negativa para a zona, que dende o PP censuramos e esiximos modificacións”.