A Garda Civil de Lugo formulou 69 denuncias durante o Rallye San Froilán

O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo, durante os días nos que se desenrolou o Rally San Froilán, especialmente o sábado día 28, formulou un total de 69 denuncias a vehículos que participaban neste evento.

Os equipos de verificación de velocidad detectaron un total de 196 infraccións por excesos de velocidade sobre os límites establecidos para cada tramo das diferentes vías, ben de enlace entre tramos ou ben as que unen os tramos de mañá cos de tarde. Do total de infraccións detectadas polos equipos de verificación da velocidade, 22 foron vehículos implicados na proba deportiva, resaltando a detectada a un participante que circulaba a 117 km/h nun tramo de vía con limitación de velocidad máxima a 60 km/h. 

Asemade, por parte das diferentes patrullas ubicadas dentro do dispositivo especial, que desplegou o Subsector de Tráfico con motivo desta proba deportiva, observáronse 47 infraccións a outro tipo de normas no marco da Lei de Seguridade Vial.  Ademáis, a Garda Civil realizou tamén 3 controis de alcol e drogas, nos cales tres conductores arroxaron un resultado positivo en consumo de alcol e outros tres, en consumo de drogas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com