O Concello adxudica a Inca a redacción dos proxectos dentro do EDUSI

O Voceiro do Concello de Lugo, Miguel Fernández, avanzou que a Xunta de Goberno celebrada esta mañá acordou adxudicar a Inca Servicios y Proyectos de Ingeniería Civil S.A., por un importe duns 104.000 euros, a redacción de estudos de viabilidade de 5 proxectos constructivos enmarcados nas actuacións incluídas na estratexia EDUSI de Lugo, Muramiñae, Da Muralla ao Miño, que conta co cofinanciamento do 80% da Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Dos cinco proxectos que suman un orzamento de 2,5 millóns de euros, o primeiro é a reforma da Volta da Viña, obra valorada en 500.000 euros e que consistirá na rexeneración integral de toda esta zona, correspondente á intersección da N-VI co viario urbano.  Outra das zonas da cidade que o goberno local quere mellorar, é o campo de fútbol Anxo Carro (520.833€). Esta obra está destinada a crear un novo itinerario peonil e para bicicletas que favoreza o acceso da cidadanía dende o centro á zona do río, e en especial ao campo de fútbol, co fin de reducir a dependencia do uso do vehículo.

A prolongación do paso subterráneo baixo a N-VI, valorado en 1.093.750€, va destinado a mellorar as condicións deste itinerario peonil, tratando de convertelo da mesma forma en ciclable, co obxecto de favorecer o acceso á zona do río e ás infraestructuras do seu entorno.

Outro dos programas que valora o Concello dentro desta estratexia EDUSI, é a posta en valor do patrimonio histórico e cultural no barrio do Carme que, cun orzamento de 250.000€, consiste na valorización do patrimonio desta área a través de intervencións arqueolóxicas ou de accións de musealización in situ, encamiñadas a coñecer e por en valor aqueles retos relacionados coa traza urbana e as infraestruturas da cidade romana, o trazado da antiga vía romana XIX ou dos múltiples camiños históricos, en especial, o Camiño de Santiago.

Por último, e centrados de novo nese barrio, o concello destinará 156.500 euros á descontaminación e rehabilitación de solos contaminados -a raíz de canalizacións antigas e verquidos non controlados-.

A adxudicación dos traballos desta iniciativa europea, que conta cun orzamento total de 12,5 millóns de euros, o 80% achegado por Europa a través do FEDER, súmanse á adxudicación do proxecto técnico para crear 16 quilómetros de vías ciclistas na zona de actuación deste programa de desenvolvemento urbano sostible, que neste caso converterán o entorno do Carme e do río Miño nun elemento dinamizador máis da cidade.

O prazo de execución do contrato é de 4 meses, para os que se marcou a seguinte folla de ruta: 2 semanas para realizar un estudo da viabilidade técnica e económica dos distintos proxectos, 2 semanas para presentar un avance de cada proxecto construtivoe 6 semanas para a elaboración dos proxectos. Están incluídos a elaboración dos documentos necesarios para obter todos os permisos e licencias precisos que se requiran para a realización das obras (Ministerio de Fomento, CHMS, Xunta e empresas subministradoras de servizos, entre outros).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com