A Corporación municipal celebrará mañá a comisión de seguimento de acordos plenarios, na que o equipo de Lara Méndez deberá dar conta do que leva feito na cidade tras chegar a acordos toda a corporación. Ante esto, o voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, asegurou esta mañá que Lara Méndez escenificará mañá “o fracaso da xestión socialista”. Ameijide realizou esta afirmación ao comprobar que nos dous anos e medio de goberno de Lara Méndez “o 90% dos acordos plenarios están sen sacar adiante” o que para os populares demostra “unha falta de vontade política”.
A última convocatoria da comisión de seguimento de acordos plenarios data do 28 de xullo deste ano e dende entón “non se avanzou nada”. Neste senso, Ameijide explicou que no que atinxe aos acordos plenarios xurdidos a raíz de propostas realizadas polo Grupo Municipal do Partido Popular “tan só se deu cumprimento a 8 das 66 proposicións aprobadas” o que demostra “o seu pasotismo e desidía á hora de dar cumprimento a calquer acordo plenario”.
Neste senso, o voceiro popular esixirá mañá a Lara Mendez que “dea respostas políticas na comisión en toques de limitarse a ler un informe dos técnicos que xa temos todos os grupos”. Incluso, Ameijide vai un paso máis alá e pedirá á alcaldesa que “diga abertamente que acordos plenarios vai a desenvolver e cales non” e así demostre por unha vez
“certa valentía política”.
Segundo o popular, a falta de liderazgo político dos socialistas chega a tal extremo que “os acordos plenarios morren no camiño dun departamento a outro”. Ameijide explica que hai informes que “van dun departamento a outro e non se aclara cal ten competencias para desenvolvelo, pero, o peor, é que os socialistas non asumen as competencias dos seus cargos e as delegan nos funcionarios”.
Ameijide remítese ás probas para explicar esta situación xa que “de 66 propostas aprobadas en pleno tan só se realizaron cinco informes neste ano, unha mostra máis da falta de capacidade de xestión dos socialistas
á fronte do Concello de Lugo”.