Apoio, información e asesoramento en subvencións, na Oficina Municipal do Rural

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, quixo lembrarlle este venres á veciñanza que dispón dunha Oficina Municipal de Asuntos do Rural, no terceiro andar do Centro de Servizos Administrativos do Concello, no que se ofrece apoio especializado, información e asesoramento no que se refire á solicitude de subvencións, entre outros cuestións.

Nesta liña, Fernández puxo a disposición esta oficina para facilitarlle á cidadanía a cumprimentación das solicitudes das axudas que vén de convocar a administración autonómica para a subministración de auga nas explotacións agrarias, e fixo un chamamento aos veciños e veciñas interesados nas axudas, que necesiten asesoramento para a súa presentación.

“Como institución próxima aos veciños e veciñas, consideramos que a axuda que prestamos nestas instalacións municipais repercutirán no só no beneficio da cidadanía do rural, senón no desenvolvemento de todo municipio”, asegurou o Concelleiro, ao tempo que recordou que “atender á persoa é atender a todos os aspectos da vida dos veciños e veciñas, os protagonistas das nosas accións municipais, neste caso os veciños e veciñas da rural, para os que vimos de aprobar unha bonificación do 95% no IBI das explotacións agrarias e gandeiras”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com