A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o voceiro municipal, Miguel Fernández, asistiron este sábado, no Centro Comercial As Termas, á apertura da tenda Toys`R`Us, que conta cunha sala de vendas de 800 metros cadrados, na que se comercializarán uns 3.600 artigos. Trátase do terceiro establecemento desta cadena en Galicia, tras o da Coruña e Vigo, e a tenda número 53 desta multinacional en España. Ao acto tamén asistiu o director xeral desta marca, Jean Charretteur. Neste novo establecemento crearanse 25 postos de traballo.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.