O voceiro do goberno provincial, Álvaro Santos Ramos, fixo oficial esta mañá a súa precandidatura a liderar o PSdeG lugués, na sede da agrupación. O deputado de relacións institucionais asegurou que a súa candidatura está baseada no traballo, no compromiso e na lealdade, tanto co partido como cos cidadáns.
“Veño de entregar na sede do partido a miña candidatura sustentada nun proxecto político baseado nos valores socialistas e nas espectativas, nos retos e nas realidades que se presentan na sociedade actual”, aclarou Santos Ramos.
O deputado comeza xa a súa campaña dentro do partido; para elo, o voceiro provincial se está a reunir cos membros do grupo socialista por toda a provincia, como primeiro punto, non podía ser outro que o seu Concello, Friol, seguido de Guitiriz, na noite do venres e Cervo, o pasado sábado. Santos Ramos mañá se reunirá cos socialistas de Bóveda, no Bar Layosa ás 21 horas, pasando antes, ás 19.00 horas, pola sede que o partido ten en Quiroga para falar cos membros do PSdeG non só dese concello senón tamén de Ribas de Sil.