O PP critica o “descoñecemento absoluto” do patrimonio municipal

719 Millóns de euros, ese é o patrimonio do que dispón o Concello de Lugo, segundo os datos que aparecen no último inventario feito por un goberno, unha cifra que, segundo o Grupo Popular de Lugo non se axusta á realidade por varias cousas, a principal, que o ultimo inventario está feito no 2014. O PP explicaba esta mañá que a alcaldesa, cos datos que hai neste momento, non podería asegurar ao 100 por cento cantas fincas, vehículos, inmobles ou outros bens ten o Concello.

Os populares afirman que “malia que cada catro anos se aproba o inventario o documento está totalmente desfasado e moi incompleto”. A ficha resume con data de 2014 desvela que o Concello de Lugo ten un patrimonio de 719.570.651,58 €, un cifra que a xuizo dos populares non se axusta á realidade.

Os exemplos que revelan que é un “inventario defectuoso son innumerables”. A primeira é que non hai referencias de certos bens dos que “levamos décadas ou anos disfrutando, non figuran na listaxe parques tan significativos como a da
Praza de Augas Férreas, os de Sanfiz o das Illas de Montirón, a zona do paseo interior do Cantiño, Sagrado Corazón, Paulo Favio Máximo, Agro do Rolo, Praza Castiñeiro, Campo Castillo, Cheda rio Mandeo”. Tampouco aparece o vivendas domóticas nin o local social de Leiras Pulpeiro. Incluso faltan por inventariar vehículos como o furgón mixto con destino Bomberos (53.719.01 € / 2016) ou o camión de bombeiros que se comprou recentemente. (1 millón €).

Por outra banda, os populares denuncian que hai bens inventariados que xa non existen como o edificio do antiguo matadero frigorífico do parque da Milagrosa en Frigsa (367.000 €); campo fútbol de Casás (9.715 €) ; poblado de Nazaret e campo de futbol do Carqueixo (1M€).

Os populares queren revertir esta situación e propoñen que para salvagardar o patrimonio do Concello de Lugo se inicie o expediente para actualizar este documento e, de forma paralela, elaborar un Regulamento para facilitar a súa xestión. “O inventario debe reflectir a realidade patrimonial do Concello, a situación xurídica en que se atopan os seus bens, as limitacións que lles afectan, o seu uso o servizo público, a súa disponibilidade para a obtención de maiores rendimento e calquera outro circunstancia xuridicamente relevante. Esta información debería manterse actualizada
xa que serve para garantir unha xestión eficaz e eficiente dos bens e tomar as decisiones que mellor se adecúen ao interese xeral” concluiu o voceiro do PP.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com