O PP denuncia a falta de xestión das pistas de tenis municipais

O PP municipal criticaba hoxe que o Concello de Lugo non xestione correctamente a iluminación das pistas de tenis públicas da cidade. O vicevoceiro da agrupación, Enrique Rozas, asegurou esta mañá que o goberno local acende as luces destas instalacións deportivas desde as 6 da tarde ás 12 da noite “aínda que as pistas non teñan usuarios”.

O vicevoceiro popular presentou unha batería de propostas para mellorar o funcionamento e o mantemento das oito pistas municipais de tenis. A primeira petición de Rozas é que se inclúa no vindeiro exercicio presupuestario, unha partida para cubrir unha das tres canchas que hai no Palomar. Os populares baséanse en que hai máis de 400 federados e uns 2000 potenciais usuarios os que teñen estas pistas de tenis polo que consideran xustificada esta petición.

A segunda proposta ten que ver coa xestión e o uso das propias pistas municipais pois algunha delas “como é o caso de Frigsa, se rixe pola norma de que o primeiro que chegue é o que xoga”. E por último, o terceiro aspecto que critica o popular é que estas pistas permanecen continuamente iluminadas ata a media noite que é “a hora de corte do reloxo temporizador”. Rozas reclama que se recupere o sistema de pago por fichas para evitar o “despilfarro”, para o PP “o que sucede en Lugo é todo o contrario ás actuacións de política de eficiencia enerxética que se esperan dunha administración responsable”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com