A Garda Civil detivo onte en Pedrafita do Cebreiro a un veciño de Baralla de 38 anos de idade como presunto autor de tres delitos de roubo con forza acometidos nas igrexas do Cebreiro e Liñares e nun establecemento comercial de bisutería e artigos de regalo relacionados co Camiño de Santiago e situado nas inmediacións da propia Igrexa do Cebreiro.
Os feitos ocorreron na madrugada do pasado día 27 de outubro, na que os axentes tiveron constancia de que descoñecidos accederan ao interior do establecemento tras forzar unha fiestra do local sustraendo o contido da caixa, xoias e un ordenador portátil, valorado todo en 3750 euros.