O lume calcina por completo unha vivenda en Guntín

Un incendio, rexistrado en Guntín, queimou por completo unha casa. O tellado e parte das paredes colapsaron, aínda que as vivendas anexas non se viron afectadas. Tamén se salvaron das lapas unha bodeda da casa e un cobertizo onde se almacenaba maquinaria agrícola e aperos de labranza.

A propiedade afectada se sitúa no Pereiro, na parroquia de Entrambasaugas. O propietario do inmoble sufriu un ataque de nervios polo cal tivo que ser atendido no propio lugar dos feitos por un equipo sanitario. Con todo, o varón no tivo que ser evacuado.

Foi un particular o que alertou desta situación ao 112 Galicia, ao redor das 20:00 horas da tarde de onte. Segundo indicaba, o lume estaba moi avanzado e incluso había lapas no tellado. O persoal de emerxencias alertou aos Bombeiros de Chantada e ao 061, puxeron os feitos en coñecemento do GES de Monterroso e da Garda Civil.

Os efectivos de emerxencias desplazados ao punto traballaron ata entrada a madrugada na extinción do lume e no enfriamento dos restos da vivenda. De feito, os bombeiros e os efectivos do GES permaneceron no punto ata as 4:00 horas da madrugada. Ademáis, estaba previsto que ao longo desta mañá os bombeiros regresasen ao punto para verificar que non hai risco de que se reavive o lume.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com