Afundación ofrece mañá un obradoiro de cestería na súa sede de Lugo

Afundación continúa co seu programa de talleres de artesanía na súa sede de Lugo (praza Maior, 16) como complemento á exposición fotográfica Oficios entre lusco e fusco, de Xosé Abad, exposta actualmente nese espazo. Este programa ten como obxectivo dar a coñecer os oficios tradicionais galegos e inclúe un taller de olaría e torno cerámico e outro de cestería. Nesta ocasión, mañá sábado 11 de novembro, entre as 17.00 e as 20.00 h, impartirase o taller de cestería.

Estará dirixido por Carmen Fieiras, unha artesá lucense que atesoura máis de 15 anos de experiencia impartindo este tipo de talleres a público tanto adulto como infantil. Fieiras domina a técnica tradicional da cestería con vimbio, pero tamén experimenta e innova tinguindo outros materiais como medula de rotén para crear pezas de gran atractivo visual. O feito de pertencer a unha xeración de artesáns novos demostra que este oficio e as súas múltiples revisións aínda teñen moita vida por diante.

Este obradoiro impartirase de novo o sábado 2 de decembro no mesmo horario. Os obradoiros están dirixidos a todo tipo de público, tanto familiar como infantil e adulto. Non é necesario a inscrición previa e a entrada e saída dos mesmos será libre, permanecendo na actividade o tempo que cada asistente considere preciso dentro do horario previsto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com