En Marea pide a equiparación laboral e salarial dos bombeiros comarcais de Lugo

Luís Villares, voceiro de En Marea, denunciou a situación irregular na que se encontran os parques comarcais de bombeiros da provincia de Lugo e o seu personal que, entre outros desequilibrios, padecen unha situación laboral que fai que cobren 3.500 euros anuais menos que os seus compañeiros da provincia de Ourense, coas mesmas atribucións e competencias. Esta situación foi denucianda por Luís Villares tras reunirse con representantes das plantillas dos parques comarcais de Lugo. No mesmo sentido, o voceiro de En Marea sinalou as numerosas deficiencias e incumprimentos de contrato das empresas adxudicatarias deste servizo na provincia, incumprimentos que, segundo Villares, son “causa suficiente para denunciar eses contratos e reverter este servizo á xestión pública”.

Luís Villares agradeceu o traballo realizado polos bombeiros durante a vaga de lumes que asolou Galicia e xustamente tras unha situación como a vivida “non entendemos que estes profesionais dan a cara por nós, para que vivamos con maior seguridade, non entendemos como este colectivo de bombeiras e bombeiros sofren a discriminación laboral, a salarial e a dos incumprimento das condicións que foron acordadas polas propias empresas”. “Tampouco entendemos por que a Xunta o tolera dun xeito tan flagrante”.

Segundo Villares, “o PP anda facendo promesas para recuperar a Deputación de Lugo, promesas que logo non cumpre, porque o PP xa prometeu a equiparación dos bombeiros dos parque comarcais e a cousa quedou en nada”. Villares explicou tamén o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro “incumpriu a súa promesa de melloras as condicións dos bombeiros se a Deputación particiaba desa mellora, a Deputación consignou eses cartos, pero a Xunta non cumpriu e os bombeiros seguen sen estar equiparados”. Os bombeiros están sen melloras, segundo explicou En Marea porque os fondos da Xunta non se consignaron e os da Deputación están bloqueados pola negativa da Xunta a consignar os seus.

En Marea pide que, de forma inmediata, se produza a reversión deste servizo ao carácter público entre outras couas “polo flagrante incumprimento das cláusulas dos contratos por parte das empresas adxudicatarias do servizo, incumprimento que obriga aos bombeiros de Lugo a secundar a folga”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com