Lugo promove o Camiño Primitivo no Fairway

O Concello de Lugo promove o Camiño Primitivo cun stand informativo no Fairway, o II Fórum do Camiño de Santiago, que se está a celebrar no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago. Este evento conta cun amplo programa de actividades para todos os públicos, nunha superficie aproximada duns 2.500 metros cadrados, con 60 expositores titulares e máis de 100 marcas presentes. 

Ademais, no workshop de Fairway, os 36 profesionais de 27 empresas turoperadoras internacionais manterán 1.500 reunións de negocio con empresas proveedoras locais e de distintos puntos das rutas para cubrir a súa demanda de produtos e servizos. Coa presenza neste foro de repercusión internacional a entidade local divulga esta ruta xacobea, onde haberá turoperadores de 14 países diferentes: Colombia, Noruega, Irlanda, Brasil, Uruguai, Portugal, Nova Zelandia, Estados Unidos, Canadá, Arxentina, Reino Unido, Italia, Alemaña e España.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com