Fomento cede a Guntín a titularidade dun camiño de servizo da autovía A-54

O Ministerio de Fomento cedeu hoxe ao Concello de Guntín a titularidade dun camiño de servizo da autovía A-54, que ata agora tiña consideración de viario anexo á Rede de Estradas do Estado. O Concello de Guntín solicitou o pasado día 29 de setembro a cesión deste camiño considerando que sería de grande utilidade para o Concello. Unha vez acreditados o cumprimento dos requisitos legais, o Ministerio de Fomento accedeu a esta solicitude.

O camiño de servizo cedido polo Estado discorre pola marxe esquerda da autovía ten 260 metros de lonxitude e unha superficie estimada de máis de 4 metros cadrados. Trátase dun camiño que só dá acceso ás fincas colindantes, polo que non serve ás funcións propias da Rede de Estradas do Estado. Asemade, o cambio de titularidade non conleva transferencia de capital nin gasto para ningunha das dúas administracións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com