O capitán do CD Lugo, Fernando Seoane, atendeu os medios de comunicación o remate do acto de entrega do premio
Xogador do mes de Outubro que concede Estrella Galicia, e no que foi galardoado Seoane. Fernando fixo unha análise do primer terzo de campaña, no que suliñou os puntos acadados polo equipo: “Un primer terzo de Liga moi bo. Empezamos cun pouco de dúbidas, pero creo que logramos encauzar todo o que queríamos. Estas dúas derrotas déixannos un pouco tocados porque a maneira en que se produciron non gusta e fastidia. Sabemos que queda moito, é moi largo e o importante é que levamos bastantes puntos. Hasta 50 xa quedan menos e a partir de aí oxalá poidamos estar ata o final aí arriba. É complicado temos que ir semana a semana a ver ata donde podemos chegar.”
O centrocampista albivermello fixo tamén autocrítica buscando os aspecto de mellora do equipo entre os que destacou as perdas de balón no último encontro. Seoane asegurou que sigue a faltar ao equipo “esa pizca de sorte para atopar máis portería con máis facilidade, cousa que nos abriría moito máis os partidos e poñeríaos moito máis de cara a nós”. O capitán asegurou que, aínda que coste o equipo ten que seguir “traballando semana a semana e día a día, traballando duro, tentar concienciarse todo o mundo que hai que facer gol e a ver si logramos abrir a lata pronto, con facilidade e que se produzan puntos.”
Todo para tentar loitar polos tres puntos o vindeiro sábado en Lorca, un encontro que para os albivermellos é complicado xa que “é un equipo que xoga moi ben”. “Ten bos xogadores inda que séa un receen ascendido e este aí abaixo, creo que leva menos puntos dos que merece. Para nos, se non estamos ben, vai ser complicado. Na súa casa son fortes, a xente está animada no seu estadio. Imos coa idea de sacar os tres puntos e volver a senda das vitorias”, asegurou o centrocampista.
Fernando tamén tivo verbas de ánimo para os seus compañeiros lesionados: “Creo que Nico non ten practicamente nada, unha sobrecarga ou algo, e Polaco creo que ten pouca cousa tamén, creo que van poder chegar ou se non de inicio, si para poder botar unha man. O peor Sergio. Non se coñece aínda con exactitude o que ten pero vai ser unha cousa grave. Imos intentar animalo, estar o seu lado todo este tempo que supoño vai a ser largo e duro para el”.
Lembramos que o equipo recupera a Iriome no campo tras estar de baixa pola lesión de xeonllo. Hoxe o médico deulle á alta ao xogador albivermello. Non tiveron a mesma sorte os seus compañeiros Nicolás Albarracín e Francisco Fydriszewski a quen se lle efectuaron sendas probas sen atopar nada significativo polo que terán que esperar unha evolución.
Tamén pendente da evolución de Sergio Gil se atopa o club lucense. O xogador está na fase intermedia da súa recuperación alternando traballo en piscina e ximnasio con dinámicas individuais no terreo de xogo. Por último, Sergio Díaz está pendente de probas para determinar o alcance da súa lesión.