A humanización da Praza Agro do Rolo inaugúrase mañá

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deu a coñecer que mañá venres, 17 de novembro, se inaugurará a Praza Agro do Rolo, no barrio da Milagrosa, logo das obras de humanización que vén de acometer o Concello cun investimento de 223.000 euros de fondos propios. Tal e como avanzou a rexedora, será a partir das 17:00 horas, e haberá inchables para os máis cativos e cativas, así como chocolate para as persoas asistentes.

“Estas tarefas que vimos de acometer permítennos seguir avanzando no modelo que dende o Goberno queremos para Lugo, unha cidade máis agradable, cómoda e accesibles, con máis espazos públicos para o uso público”, asegurou Méndez, quen lembrou que o proxecto responde a unha “sentida demanda veciñal“. Contribúe ademais a materializar un modelo de cidade pensado na persoa, con espazos para o disfrute da veciñanza.

As obras consistiron na mellora da estética da praza, que mide 4.235 metros cadrados, coa creación dunha zona de xogos cuberta, duns 230 metros cadrados, unha zona verde, situada no lateral da praza, con tres camiños peonís que comunican Agro do Rolo coa rúa Anselmo Sampedro, con bancos; e a zona central, onde se colocaron bancos e mobiliario urbano.

Para estas obras existía un proxecto de 2011, paralizado polo Ministerio de Fomento, que foi retomado e actualizado polo Concello para avanzar na humanización de espazos, actuando nun entorno privilexiado, nunha praza emblemática.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com