Imaxe: Freud Land’s Films

Frisco Taibo e Marcos Peón sacan á venda o seu novo single en México

Os dj´s e produtores galegos, Frisco Taibo e Marcos Peón lanzan mañá á venda o seu novo single ‘Talk Talk’ en exclusiva no mercado mexicano.

Non é casualidade que sexa o país azteca o elixido polos deejays para o lanzamento, pois foi precisamente o público mexicano quen catapultou o anterior single dos artistas, ‘Lounge’, ata o número dous das listas de éxitos internacionais de Damovement TV emitido na plataforma televisiva máis importante do país, EXA TV.

A relación entre Peón e México se remonta anos atrás xa cando asinaron pola discográfica Dammove, quen publica todas as súas produccións e que xa os levou de xira polo país centroamericano. Asemade, DAmmove prepara o que será o primeiro recopilatorio cos éxitos de Dj Frisco e Marcos Peón e que moi pronto sairá á venda.

Taibo e Peón se achegan neste novo single ao estilo Future House que tanto está sonando nos clubes máis selectos do país, unha aposta nova para  eles pero que están convencidos que lles resultará interesante para a súa traxectoria profesional. ‘Talk talk’ sairá a venda a nivel mundial o vindeiro 24 de novembro polo selo dun dos produtores internacionais máis importantes do momentos: Antoine Clamaran, baixo o selo Fine Tune.


Imaxe: Freud Land’s Films

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com