O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega hoxe en Lugo de equipamento de emerxencias a varios concellos da provincia. O acto tivo lugar no Pazo de Feiras e Congresos. Rueda asegurou que este novo material dá resposta a diversas peticións dos concellos e das agrupacions de Protección Civil “quen son realmente os que saben que necesitan”.
Alfonso Rueda falou tamén dos parques comarcais de Bombeiros, asegurou que van a propoñer extender a ccobertura dos propios bombeiros cos cambios de xestión oportunos dos parques. Rueda afirmou que a Xunta está á espera das propostas das deputacións, para poder cambiar a xestión. En canto á equiparación salarial, reiterou que antes de facer o aumento de soldo na provincia antes hai que cambiar o modelo de xestión.