Morre un conductor en Meira tras chocar contra un muro despois de saírse da vía

Un home faleceu a pasada noite no concello lucense de Meira tras bater contra un muro despois de saírse da vía pola que circulaba. Ademais, debido ao impacto, o vehículo no que viaxaba a vítima precipitouse por un desnivel. Así o relataron os efectivos de Protección Civil da localidade que se achegaron ao punto, nada mais ser alertados polo 112 Galicia.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE)  tivo constancia do accidente ás 21:45 horas da noite pasada, grazas á chamada dun particular. Indicaba que un coche se saíra da vía na LU-750, ao redor do punto quilométrico 1, en Meira e que había persoas feridas.

De inmediato, dende o CIAE, requiriuse a intervención dos facultativos sanitarios, que nada mais chegar ao punto citado, só puideron confirmar o falecemento do único ocupante do vehículo.

Ademais do persoal sanitario, os axentes de Tráfico, membros do GES da Pontenova e  efectivos de Protección Civil da localidade, desprazáronse ata o lugar tras ser alertados polo 112 Galicia. Do mesmo xeito, requiriuse a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargou da limpeza da vía.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com