A Plataforma Lucense Lugo…Non perdas o tren, inicia unha nova campaña encamiñada a forzar de forma positiva os proxectos que deben ter como fin dotar á cidade de Lugo do Tren de Alta Velocidade a principios do ano 2020.
Esta plataforma ten o apoio da Deputación Provincial e os Concellos de Lugo, Monforte, Piedrafita, Guitiriz, Sarria, Rábade, Castroverde, O Incio, Alfoz, Pontenova, Cervantes, Becerrea, Fonsagrada, Chantada, Lourenzá, O Corgo, Ourol, Pol, Láncara, Ribas de Sil, Monterroso, Puebla de Brollón, Viveiro y Xermade. Así como Sindicatos de Lugo, colexios Profesionais, Confederación de empresarios de Lugo e Federación de Comercio, entre outros moitos axentes sociaias, que suman un total de 200 colectivos.
A Plataforma asegura que a solución para esta eiva lucense é a “política” e por eso queren tomar tres iniciativas. A primeira delas pasa por contactar cos deputados e senadores con representación da provincia no Goberno Central, para levar a cabo unha reunión conxunta coa plataforma para definir e comprometer a defensa de Lugo en materia ferroviaria, “porque Lugo ten que ter un tren con un standard alto, que ofreza a posibilidade de viaxar (sen trasbordos) a unha media mínima de 220 km/h no tramo Lugo-Monforte-Ourense”, explica a plataforma nun comunicado.
A segunda das iniciativas da Plataforma é contar coa máxima experiencia nos seus planteamentos para o desenvolvemento das actividades, polo que plantexaron contar con un comité de expertos que asesoran os próximos movementos. “Dado que se está contactando con distintas persoas cualificadas, na vindeira semana posiblemente anunciaremos a primeira integración, ao tempo que facemos un chamamento a todas as persoas con cualificación, sexan xubilados ou con certa liberdade para a colaboración que contacten con nós no teléfono 982 203 721”.
Por último, nos vindeiros días a plataforma anunciará iniciativas similares para reclamar á Xunta de Galicia o fin do Plan Paradai e da Intermodal de Lugo, cun rango similar al que estaba proxectado e que se paralizou tras pagar 160.000 euros.