Lugo acolle por primeira vez un campionato de petanca no Parque da Milagrosa

A cidade de Lugo acolleu durante o día de hoxe, por primeira vez, un campionato de petanca, logo de que o Goberno habilitara, no pasado verán, unhas pistas para practicar este deporte no Parque da Milagrosa.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, achegáronse a presenciar a competición, impulsada polo Club Petanca de Lugo, coa colaboración do Concello, co obxecto de darlle visibilidade a esta modalidade tan popular. Ao rematar, a rexedora e os edís fixeron entrega dos trofeos aos gañadores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com