O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou este sábado, xunto a outros membros do Goberno Provincial, na mobilización baixo o lema Non ao abandono do rural, organizada polo sindicato Unións Agrarias en Santiago de Compostela.
A marcha, na que participaron centos de persoas, saíu da Alameda ás 11:30 horas e percorreu as rúas da capital galega en protesta pola ausencia de actuacións por parte da Xunta de Galicia para frear o despoboamento do medio rural.