O patrimonio relixioso de Cervo no día Internacional do Patrimonio

Este sábado un nutrido grupo de persoas participou no roteiro organizado con motivo do Día Internacional do Patrimonio, para coñecer unha parte importante do patrimonio eclesiástico do concello de Cervo.

A xornada comezou cunha visita á igrexa de Cervo e posteriormente continuou o percorrido polas igrexas de Sargadelos, de Rúa e de Lieiro. Así mesmo, visitáronse as capelas de Santa Eufemia, en Trasbar; a de San Cibrao, no Porto de Arriba e maila de San Caetano, no Guioncho.

A asociación organizadora da actividade, Mariña Patrimonio, quere agradecer a colaboración do

Concello de Cervo, así como a interesante achega dos guías, Antón Niñe e Carlos Miranda Trevín, e a dos propietarios das capelas visitadas, Bautista de Trasbar e Emilio Rubiños. Así mesmo, agradecen a colaboración prestada polo párroco de Cervo e a das persoas encargadas da aperturdas igrexas.

Esta interesante actividade, que permitiu coñecer mellor unha parte do importante patrimoniorelixioso de Cervo, desenvolveuse no marco das diferentes iniciativas levadas a cabo en toda Galicia por varias asociacións integrantes da Rede do Patrimonio Cultural.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com