Unha muller de 71 anos e o seu neto resultaron esta mañá feridos leves ao ser arrolados por un turismo cando cruzaban un paso de peón en Lugo. Segundo informou a Policía Local, o atropelo tivo lugar sobre as 9 da mañá na rúa Fontelo cando o turismo atropelou á muller co neto. Os dous peóns sufiron feridas leves e acudiron aos HULA para revisión.
Pouco despois, ás 9:15 horas, na rúa Monte Faro, un turismo golpeou a un peón de 86 anos cando o vehículo realizaba unha manobra de marcha atrás. A vítima, que cruzaba polo paso de peóns, foi levada a revisión ao centro sanitario Polusa e o seu estado, polo momento, é leve.