A Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia alertou hoxe sobre a chegada dun temporal de alerta laranxa por vento en terra que afectará a nosa provincia a partires de mañá, mércores 22 de novembro.
Segundo as prediccións da Axencia Estatal de Meteoroloxía, Aemet, este fenómeno meteorolóxico iniciaráse en torno ás 9 da mañá no oeste e sudoeste da provincia da Coruña e da Mariña lucense, con ventos que acadarán os 100 quilómetros por hora e que porán fin sobre a medianoite na nosa provincia.
Estes ventos poderán traer consigo precipitacións leves. Emerxencias e Interior, a través do 112 Galicia, informou da situación aos Concellos das zonas afectadas e deputacións, así como servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil co fin de garantir a seguridade das persoas. Tamén se lembra á poboación da importancia de tomar medidas de protección como retirar obxetos que podan caer á rúa desde tellados e balcóns, ademáis de evitar situacións de risco.