O Concello publica as listas provisionais das bolsas para material escolar

O Concello vén de publicar hoxe as listas provisionais de solicitantes das bolsas para a adquisición de material escolar e didáctico para alumnos e alumnas de educación infantil para o curso escolar 2017-2018, que, como cada ano, concede a entidade local. Trátase dunhas axudas para as que o Goberno destina 36.500 co obxectivo de colaborar na mellora da calidade educativa e na igualdade de oportunidades de todos os nenos e nenas do municipio.

Todos os interesados e interesadas poden consultar ditas listas no taboleiro de edictos das oficinas municipais e na área de educación, no terceiro andar do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. Tamén poderán consultar se a bolsa lles foi concedida a través do teléfono de atención cidadá 010.

O Concello recibiu unhas 629 solicitudes para estas axudas, que consisten nun vale desconto por un importe de 100 euros con destino á compra de libros ou material escolar nas librerías da cidade. Nesta convocatoria o Goberno incrementou a contía individual, pasando dun importe de 80 euros aos 100 euros, dándose cumprimento ademais a un acordo plenario.

Das solicitudes presentadas, foron aprobadas de xeito provisional, 365. Hai un prazo de 10 días naturais para as alegacións, do 23 de novembro ao 7 de decembro, que se deberán presentar na área de Educación. Posteriormente publicaranse as listas definitivas, e presentadas as certificacións, os beneficiarios das axudas recibirán o seu vale canxeable por material educativo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com