O plan Activamos de ABANCA e a Deputación de Lugo dá crédito a máis de 600 pemes e autónomos

O Plan Activamos, impulsado por ABANCA en colaboración coa Deputación de Lugo, permitiu xa en sete meses a inxección de 23,7 millóns de euros, dos 30 millóns comprometidos, en financiamento ao tecido económico e social desta provincia. O crédito canalizouse a través de pequenos préstamos a pemes e autónomos, familias e corporacións locais de, practicamente, todos os municipios lucenses.

Os datos do primeiro balance deste plan foron presentados hoxe en Lugo pola Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez; a Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa, e o Director Territorial de ABANCA en Lugo, Walter Álvarez Álvarez. Nestes primeiros sete meses de vixencia do plan, xa se concedeu case o 80% do importe comprometido para todo o ano, que ascende a 30 millóns de euros.

Nove de cada dez créditos tramitados foron con pemes, micropemes e autónomos. O montante total achegado a empresas ascendeu a 17,3 millóns de euros, e o importe medio dos préstamos foi de 31.000 euros.

A maioría das operacións con pemes e autónomos canalizáronse a través de pequenos préstamos para acometer novos investimentos e pólizas de crédito para atender necesidades de circulante.

As familias da provincia de Lugo que recorreron ata agora ao Plan Activamos para obter crédito destinárono, maioritariamente, a financiaren reformas de mellora enerxética e accesibilidade no fogar. Tamén se tramitaron préstamos para adquisición de equipamento tecnolóxico e compra de vehículos eficientes. O importe medio dos préstamos foi de 13.000 euros.

O terceiro segmento ao que se dirixe o Plan Activamos, as corporacións locais e organismos autónomos desta provincia, solicitaron de media, 250.000 euros.

A Vicepresidenta Segunda, tamén responsable da área de Emprego da Deputación de Lugo, destacou que “a través de iniciativas coma esta incentivamos a modernización das empresas da provincia, ó tempo que impulsamos a creación de postos de traballo”.

A Deputada García Porto subliñou que “por fin flúe o crédito entre as familias e empresarios de Lugo, crédito ao que antes non podían acceder”. Asemade destacou a “relevancia de impulsar medidas de crédito real para potenciar un dos piares da economía da nosa provincia, como o son os autónomos e pemes”.

@SomosABANCA

@depulugo

Santiago Novoa:

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com